Painted comber

Corpo alongado, cabeza puntiaguda e cola redondeada. As escamas son pequenas. A cor é inconfundible e trátase dunha especie de gran beleza. A cabeza ten un debuxo de liñas sinuosas que lembran á escritura arábiga (de aí o seu nome específico). Este serránido raramente sobrepasa os 25 cm de lonxitude.
Habita en fondos rochosos superficiais e pradeiras de fanerógamas mariñas. É un peixe solitario e sedentario que defende o seu territorio. É voraz cazador de peixes e tamén se alimenta de crustáceos, moluscos e poliquetos. Reprodúcese entre abril e agosto e é hermafrodita simultáneo. Trátase dunha especie termófila e a súa distribución exténdese dende Canarias ata o Canal da Mancha. No Mediterráneo é máis abundante na parte meridional.
Details of species
- FAO code: SRK
- Scientific name:Serranus scriba
- Galician name: Serrán riscado
- Spanish name: Serrano
- Biological group: Peixes

- Minimum size:
- Measurement Method: O tamaño medirase desde a punta da cabeza ata o extremo da aleta caudal