A especie do mes: a cherna
19/02/2026
A cherna (Polyprion americanus) é unha das especies emblemáticas da pesca artesanal galega, recoñecida polo seu gran tamaño e pola excelente calidade da súa carne. Trátase dun peixe de corpo robusto e cabeza grande, de cor marrón ou gris azulado, que pode superar os dous metros de lonxitude.
Na idade adulta vive en fondos rochosos a gran profundidade, onde presenta hábitos solitarios e unha dieta claramente carnívora. En Galicia captúrase principalmente con artes de anzol, o que permite unha extracción selectiva e respectuosa co medio mariño.
Amplía aquí a información.