Aperturas e peches
01/04/2026
O cambio de tempada vén marcado por aperturas e peches de campañas nas nosas rías.
A volandeira (Aequipecten opercularis) despediuse dos mercados o 31 de marzo na ría de Arousa cunha campaña destacada: 423.801 quilos e 1.822.770 euros de facturación. Na mesma data pechou tamén o lumbrigante (Homarus gammarus), con 12.844 quilos e 536.868 euros.
O 1 de abril abriu a campaña da lagosta (Palinurus elephas), mentres que en marzo comezou a extracción de vieira (Pecten maximus) na ría de Vigo, con oito embarcacións das confrarías de Cangas e Redondela, e un obxectivo de 7.500 quilos. A súa transformación realízase en Porto de Cambados S.L. con todas as garantías sanitarias.