FacebookTwitter

Mariscos Malliño, S.L.

Mariscos Malliño, S.L.

Dende o ano 1948, MARISCOS MALLIÑO, S.L. exerce a súa actividade de distribución e comercialización de mariscos.

MARISCOS MALLIÑO, S.L. é unha empresa galega familiar que nace, vive e morre ao ritmo que marcan as mareas, e o seu coñecemento do mar e a riqueza natural de seu entorno garante a alta calidade dos seus produtos coas máximas garantías sanitarias.

Dispón da capacidade de produción necesaria para garantir a calidade e subministración regular en todos os seus envíos de mercancía co obxectivo de lograr a total satisfacción dos seus clientes.