Vostede está aquí

Vieira ao vapor de lima e xenxibre Imprimir

Vieira ao vapor de lima e xenxibre
Ingredientes
  • 10 vieiras pescadeRías.
  • 40 gr. de xenxibre
  • Zume de 2 limas
  • Para a vinagreta
  • 60ml de aceite de oliva suave
  • 15ml de salsa de soia
  • 15ml de zume de lima
  • 5ml de aceite de sésamo
  • 15ml de viño branco
  • 1 lata de alga wakame
  • Outros
  • Sal Maldon

Elaboración

Descascamos as vieiras pescadeRías.

Enchemos o fondo dunha pota con zume de lima e xenxibre relado e engadimos auga, facendo ferver a mestura. Con axuda dunha una reixa de cocción ou cesta, cociñamos as vieiras pescadeRías ao vapor durante 3 min. aprox. Retiramos.

Facemos a vinagreta mesturando todos os ingredientes, cortando en brunoise a alga wakame.

Presentación

Colocamos 1 vieira pescadeRías nunha cunca, salseamos cun chisco da vinagreta e rematamos cunhas escamas de sal Maldom.

Compartir en redes sociais