Nigiri croqueta de kimchi caseiro, cheddar e robaliza lañada

- Robaliza de 2 kg aproximadamente
- Salmoira
- Lima
- Ovas de troita
- Po de tomate caseiro
- Manteiga noisette
- Xerminados de cilantro
Para a bechamel:
- Manteiga
- Fariña
- Leite
- Queixo cheddar
- Kimchi caseiro triturado
- Sal
Para o rebozado:
- Ovo batido
- Fariña
- Panko (pan raiado xaponés)
Receita cortesía de Sergio Roma de O Souto Bar Restaurante (Pontevedra), perfecta para un aperitivo.
Preparación:
Preparar unha bechamel de xeito tradicional, engadir o queixo cheddar no leite antes de quentalo e o triturado de kimchi unha vez que a bechamel está feita. Deixar arrefriar a masa, bolear e rebozar coa fariña, o ovo e o panko.
Limpar a robaliza e obter os lombos quitándolle a pel. Introdúcense os lombos en salmoira durante unha hora e a continuación retíranse e sécanse. Despois córtanse tipo sashimi.
Frítense as croquetas en aceite de oliva virxe extra. Retíranse.
Para empratar, poñemos as croquetas no prato e enriba a robaliza cun anaco de manteiga noisette. Sopleteamos o peixe. Remátase cun pouco de po de tomate, raspadura da lima, ovas de troita e os xerminados de cilantro.