Detalle producto
Escarapote de pedra
<p>Aínda que a súa cor depende do tipo de fondo onde se agochen, habitualmente é vermella-rosada ou vermella- apardazada con manchas pardas. Teñen unha fendedura moi marcada na fronte e unha cabeza armada con espiñas. Presentan un "tentáculo" na queixada inferior e outro enriba da boca. Mimetízanse co fondo, o que lles axuda a cazar as súas presas. Reprodúcense nos meses de maio a agosto.</p>
<p>Habitan en fondos areosos e especialmente nos rochosos, entre 20 e 200 metros de profundidade. É un peixe de costumes nocturnos e solitarios e nunca se pesca en grandes cantidades. Utilízanse artes de arrastre, palangre, anzol ou trasmallo e rascos. Captúrase todo o ano.</p>
<p>Posúen unha carne de sabor exquisito, unha vez preparados e limpos de espiñas, o cal se fai sen especial dificultade.</p>
<p>Fritido, á prancha ou cunha allada resulta un prato delicioso, pero tamén é imprescindible nos "pasteis de peixe", onde o escarapote ocupa un lugar preferente na alta gastronomía. É moi cotizado pola súa carne branca, consistente e saborosa. É o típico peixe "que sabe a marisco". En Galicia hai moito tempo que se utilizan como substituto das lagostas nos salpicóns de marisco.</p>
Datos da especie
- RSE
- Nome científico: Scorpaena scrofa
- Nome galego: Escarapote de pedra
- Nome castelán: Cabracho
- Grupo biolóxico: Peixes
Tamaño mínimo: 18 cm
O tamaño medirase desde a punta da cabeza ata o extremo da aleta caudalOnde atopalo
Lonxas e centros de primeira venta autorizados