Lonxa de Cedeira

A Confraría de Pescadores de Cedeira continua mellorando a competitividade do sector pesqueiro mediante a promoción e posta en valor dos produtos do mar e ampliando as súas actividades nos diferentes sectores.
Na actualidade agrupa diversas embarcacións e profesionais do sector pesqueiro que desenvolven a súa actividade principalmente en augas das rías galegas, con artes e métodos artesanais para a extracción de peixes e mariscos. Destaca a pescada da volanta, o rape e o percebe. Con referencia ao marisqueo a pé se realiza extracción de diversos bivalvos onde sobresae sobre as diversas especies a cadelucha.
Ademais, nas instalacións da lonxa, hai unha depuradora de bivalvos para a venda o público xeral: A tenda da lonxa.
Datos de contacto
- Confraría de Pescadores de Cedeira
-
Camiño Area Longa 1, 1ºizq
15350 Cedeira
A Coruña - Tfno: 981480041
- Email: confrariacedeira@confrariacedeira.es
- Páxina web: www.confrariacedeira.es
Especies certificadas
- Abadexo
- Ameixa fina
- Berberecho
- Boi
- Cadelucha
- Camarón común
- Centola
- Choco
- Curuxo
- Dourada
- Escachos
- Escarapote de pedra
- Lagosta
- Linguado
- Linguado de area
- Longueirón vello
- Lumbrigante
- Lura
- Maragota
- Nécora
- Ollomol
- Ostra rizada
- Pancho bicudo
- Peixe sapo
- Percebe
- Pescada
- Polbo
- Prago
- Robaliza
- Rodaballo
- Salmonete de rocha
- Sanmartiño
- Santiaguiño
- Sargo común