Detalle producto

FacebookTwitter

Berberecho

Berberecho
<p>O berberecho é un molusco (palabra que na súa orixe significa "mol") que ten as valvas ou cunchas de forma case circular. Posúe entre 22 e 28 costelas ben marcadas e vive en fondos lamacentos e de area fina próximos ás costas. Por causa da súa forma de corazón foi polo que, ao principio, se lle deu nome de "corazón comestible" (cardium edule).</p> <p>Pode ser capturado a pé con sachos e angazos na zona intermareal ou con ganchas a pé cunha lonxitude e separación entre dentes axeitada para esta especie nas zonas que non quedan expostas durante a baixamar. Tamén se captura dende embarcación con raños, rastros ou ganchos. </p> <p>Simplemente abertos ao vapor e salpicados con limón ou como compañeiros de guisos con peixes, ao berberecho débeselle de dar o lugar de privilexio que merece na nosa gastronomía. Outras formas de cociñalos son con arroz, rustridos ou nunha típica empanada de millo, ao gusto da ría de Arousa.</p>

Datos da especie

  • COC
  • Nome científico: Cerastoderma edule
  • Nome galego: Berberecho
  • Nome castelán: Berberecho
  • Grupo biolóxico: Bivalvos
Receitas de Berberecho
25 mm

Tamaño mínimo: 25 mm

O tamaño medirase medindo o eixe maior ou anteroposterior

Onde atopalo

Lonxas e centros de primeira venta autorizados

  • Centros de depuración / expedición e cetáreas

  • Distribuidor de produtos da pesca e marisqueo

  • Empresas de transformación