Detalle producto

FacebookTwitter

Sanmartiño

Sanmartiño
<p>O sanmartiño é un peixe de corpo alto e comprimido, que ten unha cabeza moi grande e que carece de escamas agás na liña lateral. Presenta espiñas ao lado do abdome e a aleta dorsal ten raios moi longos. De cor dourada, ou gris verdosa, o sanmartiño ten unha mancha negra rodeada de branco ou amarelo no centro do corpo, a ambos os dous lados. Pode chegar a medir ata 60 centímetros, aínda que o normal é que mida entre 20 e 50. É un peixe que desova no verán e acada a madurez sexual aos 4 anos.</p> <p>Peixe de costumes solitarios que habita entre os 20 e os 200 metros de profundidade. Artesanalmente captúrase ao palangre ou con liñas. É un peixe que tarda en reproducirse, polo que haberá que ser moi esixentes con respecto aos talles mínimos.</p> <p>O sanmartiño ten unha carne apreciada e saborosa que fai moitos amigos cando ocupa o seu lugar no prato. É un dos mellores peixes para facer ao sal, no forno e tamén para filetear, pola súa carne compacta. Tamén se pode facer en caldeirada.</p>

Datos da especie

  • JOD
  • Nome científico: Zeus faber
  • Nome galego: Sanmartiño
  • Nome castelán: Pez de San Pedro
  • Grupo biolóxico: Peixes
Receitas de Sanmartiño
25 cm

Tamaño mínimo: 25 cm

O tamaño medirase desde a punta da cabeza ata o extremo da aleta caudal

Onde atopalo

Lonxas e centros de primeira venta autorizados

  • Centros de depuración / expedición e cetáreas

  • Distribuidor de produtos da pesca e marisqueo