Detalle producto
Sanmartiño
<p>O sanmartiño é un peixe de corpo alto e comprimido, que ten unha cabeza moi grande e que carece de escamas agás na liña lateral. Presenta espiñas ao lado do abdome e a aleta dorsal ten raios moi longos. De cor dourada, ou gris verdosa, o sanmartiño ten unha mancha negra rodeada de branco ou amarelo no centro do corpo, a ambos os dous lados. Pode chegar a medir ata 60 centímetros, aínda que o normal é que mida entre 20 e 50. É un peixe que desova no verán e acada a madurez sexual aos 4 anos.</p>
<p>Peixe de costumes solitarios que habita entre os 20 e os 200 metros de profundidade. Artesanalmente captúrase ao palangre ou con liñas. É un peixe que tarda en reproducirse, polo que haberá que ser moi esixentes con respecto aos talles mínimos.</p>
<p>O sanmartiño ten unha carne apreciada e saborosa que fai moitos amigos cando ocupa o seu lugar no prato. É un dos mellores peixes para facer ao sal, no forno e tamén para filetear, pola súa carne compacta. Tamén se pode facer en caldeirada.</p>
Datos da especie
- JOD
- Nome científico: Zeus faber
- Nome galego: Sanmartiño
- Nome castelán: Pez de San Pedro
- Grupo biolóxico: Peixes
Tamaño mínimo: 25 cm
O tamaño medirase desde a punta da cabeza ata o extremo da aleta caudalOnde atopalo
Lonxas e centros de primeira venta autorizados
- Lonxa de Redondela
- Lonxa de Baiona
- Lonxa de Fisterra
- Lonxa de Cambados
- Lonxa de Cangas
- Lonxa de Bueu
- Lonxa de Rianxo
- Lonxa de Porto do Son
- Lonxa de Corcubión
- Lonxa de Cedeira
- Lonxa de Lira
- Lonxa de Muros
- Lonxa de Portonovo
- Lonxa de Portosín
- Lonxa de Sada
- Lonxa de Ferrol
- Lonxa de Aldán - Hío
- Cíes Artesanais S. Coop. Galega
- Lonxa de A Guarda
- Lonxa de Campelo
- Lonxa de Malpica
- Lonxa de Ribeira
- Mar do Morrazo, S.C.G.