Volven aos mercados a nécora, o bogavante e o polbo capturados en augas galegas

pescadeRias

Co inicio do mes de xullo, volven aos mercados tres especies moi apreciadas polos consumidores e fundamentais para a frota artesanal galega: a nécora (Necora puber), o lumbrigante (Homarus gammarus) e o polbo (Octopus vulgaris). A apertura das súas respectivas vedas permite retomar a súa captura e comercialización, coincidindo coa alta demanda estival.