San Sebastián Gastronómika 2025
14/10/2025
A marca pescadeRías de onde se non? estivo presente en San Sebastián Gastronómika do 6 ao 8 de outubro, unha edición marcada por unha profunda reflexión sobre a orixe, o lume e a cociña consciente e que volveu a situar a San Sebastián no epicentro mundial da gastronomía.
A Consellería do Mar estivo presente cun stand institucional e 5 empresas coexpositoras, entre elas as empresas certificadas Horesmar e Artesa Rías Baixas S.L., que amosaron os produtos da pesca artesanal galega ante profesionais da alta cociña. Ademais, contou cun espazo gastronómico onde os produtos da pesca artesanal foron protagonistas. Vieira, ourizo, ameixa rubia, navalla, polbo e alfóndega foron algunhas propostas das catas con produtos certificados:
-
Suculento Tesouro Atlántico, a cargo da chef Begoña Vázquez, de O Regueiro da Cova (Verín).
-
De proximidade e con selo propio, a cargo do chef Héctor López, a cargo do Restaurante España (Lugo).
-
mellor da nosa pesca artesanal, a cargo do chef Javier Rodríguez “Taky”, do catering Boqueté (A Coruña).