A receita do mes: abadexo ao forno con salsa de tomates asados e repolo

pescadeRias

O cociñeiro Xoanqui Ameixeiras presenta unha nova proposta gastronómica con abadexo, salsa de tomates asados e repolo como protagonistas.

Trátase dunha combinación que une peixe branco e verdura de tempada, cun resultado equilibrado e de elevado valor nutricional.

A receita ofrece dúas alternativas de preparación: sacos de repolo recheos de lombo de abadexo e cubertos coa salsa, ou o peixe ao forno con base de cebola fritida e acompañado dun salteado de repolo e cenoria.

Pode elaborarse tamén con outros peixes brancos dispoñibles no mercado, adaptando os tempos de cocción ao tamaño das pezas.