Quen e quen? Peixe sapo vs. xuliana
17/06/2024
O peixe sapo (Lophius budegassa) e a xuliana (Lophius piscatorius) son dúas especies do mesmo xénero que poden confundirnos á hora de diferencialos no punto de venda, xa que teñen un aspecto externo moi parecido.
Míralle a barriga: a membrana que recubre os órganos do peixe sapo é de cor negra, mentras que a da xuliana é de cor branca. De aí que o peixe sapo se coñeza como rape negro e a xuliana como rape branco.
O peixe sapo tamén é máis aprezado na cociña, de aí que acade maiores prezos no mercado. Non obstante, a xuliana é unha moi boa opción coa que se poden preparar guisos e rebozados a un prezo máis axustado. Consulta á túa peixeira ou peixeiro de confianza.