Quen é quen? Cabra de altura vs. Escarapote de Pedra
15/07/2024
A cabra de altura (Helicolenus dactylopterus) e o escarapote de pedra (Scorpaena scrofa) son dúas especies que poden confundirnos á hora de diferencialos no punto de venda.
A cabra de altura é de cor rosada e o seu corpo ten de catro a seis liñas transversais, mentres que o escarapote de pedra é de cor vermello con manchas pardas e non ten liñas transversais.
A cabra de altura ten a aleta caudal recta e o escarapote de pedra tena redondeada.
A cabra de altura ten escamas tubulares na liña lateral, das que carece o escarapote de pedra.
O escarapote de pedra ten unha fenda e apéndices na cabeza; a cabra de altura, non.
Amplía aquí a imaxe.