O polbo, un bo aliado da nosa saúde
19/09/2024
O polbo é un cefalópodo que conta con gran predicamento desde o punto de vista culinario. Pero ademais é un grande aliado para a nosa saúde: unha ración de 200 gramos de polbo aporta o 31% e o 40% das proteínas recomendadas para unha dieta de 3.000 e 2.300 calorías diarias, respectivamente. O seu aporte en graxas é baixo, o que determina o seu escaso contido calórico e tamén o baixo aporte de colesterol.
Para saber máis, preme aquí.