Novas adhesións en setembro

PescadeRias

Na cidade de Santiago de Compostela e ubicado na zona monumental, o restaurante Orixe inspira os seus pratos “na cociña das avoas” e ofrece unha carta fiel á súa filosofía, onde se poden degustar os mellores produtos que nos brinda a gastronomía típica de Galicia, sempre baixo un prisma de innovación.

En Vigo, o restaurante Niño Corvo, con Adrián Albino ao frente como cociñeiro e propietario, destaca polo seu exemplar trato ao produto, que o convirte nun dos máis emblemáticos establecementos da cidade olívica.

En canto ás peixerías, Mar das Sigargas, que contaba cun establecemento adherido en Carral (A Coruña), adheriu este mes ao selo pescadeRías, ¿de onde se non? as súas peixerías de ArteixoCarballo e Laracha, onde ofrece á súa clientela peixes e mariscos procedentes da nosa pesca artesanal.

Por outra banda, adheriuse á marca Mariscos Areamar sito na praza de abastos de Portonovo. Comercializa a nivel nacional unha grande variedade de mariscos procedentes de lonxas galegas e entidades certificadas.