Restaurante Orixe

- Restaurante Orixe
-
Rúa das Casas Reais 21
15704 Santiago de Compostela (A Coruña) - 981115092
- reservas@grupoorixe.com
- https://restaurante.orixegastronomiagalega.com/
O Restaurante ORIXE é un proxecto orientado a reivindicar a importancia da gastronomía dentro da cultura e a identidade dun pobo.
Unha cociña inspirada ¿na cociña das avoas¿ que lles permite permanecer fieis a unha cultura gastronómica que é parte fundamental da súa identidade coa que se atopan plenamente comprometidos e que cren que é necesario dar a coñecer.
Orixe atópase dividido en dúas estancias, O Restaurante e a Taberna Mariñeira, onde madeira, pedra e ferro fundido mestúranse nun espazo coidado, que evoca as distintas dependencias da casa tradicional galega, sempre coa cociña como elemento esencial e núcleo da vida en Galicia.
Ofrecen unha carta fiel á súa filosofía, onde se pode degustar os mellores produtos que nos brinda a gastronomía típica de Galicia, sempre baixo un prisma de innovación.
A súa localización na zona monumental de Compostela, supón un marco inigualable para un restaurante que nace coa intención de situarse como un dos referentes gastronómicos da cidade.