Masterclass para o alumnado do Madrid Culinary Campus
08/10/2024
Masterclass na barra de pintxos da Consellería do Mar en San Sebastian Gastronomika para o alumnado do Madrid Culinary Campus: os produtos da pesca artesanal galega e a súa trazabilidade, diferenciación de moluscos bivalvos e a marca pescadeRías de onde se non? foron os contidos principais da sesión.
Os cociñeiros Javier Rodríguez Ponte "Taky" do Catering Boketé, Jose Manuel Mallon, e os Irmáns López do Restaurante España, xunto con Ana Pérez, do equipo técnico de pescadeRías de onde se non?, expuxeron as claves para unha cociña sustentable baseada nos produtos do mar.