Estivemos San Sebastián Gastronómika

pescadeRias

A Consellería do Mar estivo en San Sebastián Gastronómika, que se celebrou do 7 ao 9 de outubro. Ademais da sala de cata e actividades de promoción, o stand institucional contou cun espazo de exhibición para seis empresas coexpositoras, das que cinco son entidades certificadas pola marca pescadeRías de onde se non?: Conservas La Brújula S.L., Fish Factory S.L., HQ Seaweed S.L., Mariscos de Barallobre e O Percebeiro S.L.
Nesta ocasión, o espazo da sala de cata e formación configurouse como unha barra de pintxos donostiarra, na que os cociñeiros e o público puideron interactuar de perto.

Outra novidade deste ano foron as actividades para os congresistas en sociedades gastronómicas, e ademais, taberneiros de fóra do País Vasco levaron os seus produtos e cociña a barras de taberna e bares donostiarras.

Podes ver aquí un vídeo resume das actividades en San Sebastián Gastronómika.