A especie do mes: melgacho

pescadeRias

A especie protagonista deste mes é o melgacho (Scyliorhinus canicula), pequeno tiburón presente nas lonxas e mercados onde se vende limpo e esfolado porque ten unha pel moi áspera ao tacto. Este peixe cartilaxinoso posúe unha cabeza aplanada dorsoventralmente, algo triangular, morro curto. Os ollos son grandes, ovalados, en posición lateral. A súa cor é marrón clara polo dorso, salpicado de numerosas manchiñas negras, que forman zonas máis escuras e o ventre branco.

Vive en fondos de substrato coralíxeno, rochas cubertas de algas, area ou lama, desde os 40 metros ata os 700 metros de profundidade. Péscase con artes de pesca de enmalle, palangre e arrastre.

Podes ampliar a información aquí.