Comeza o etiquetado individual de peixe en Porto do Son
03/02/2026
A Confraría de Porto do Son vén de implantar un novo sistema de etiquetado individual de peixe certificado pola marca pescadeRías de onde se non? cun exemplar espectacular de robaliza.
A peza, cun peso de 6,7 kg, procede da embarcación Colmado e foi etiquetada no momento da súa pesaxe na lonxa, o que garante a súa identificación ao longo de toda a cadea.
Un xeito de poñer en valor o traballo da pesca artesanal galega, peixe a peixe.