Choupa

PescadeRias

A choupa é un peixe semigraxo co corpo ovalado alto e compacto. A cabeza é pequena e lixeiramente bicuda. Pódese confundir co sargo. Para diferencialos podemos fixarnos na lixeira chepa que ten a choupa por detrás da cabeza e ademais, carece da mancha negra que ten o sargo onde nace a aleta pectoral.

Os adultos teñen unha tonalidade gris azul prateada, con estrías douradas e discontInuas nos costados que van desde o opérculo ata a aleta caudal. Os exemplares novos son de cor gris escura. Entre os ollos presenta unha característica banda escura que chega ata o fociño.

A choupa aporta proteínas de alto valor biolóxico e minerais como o fósforo, potasio e magnesio.

Podes atopar máis información sobre esta especie neste enlace.