Arranca a campaña da vieira na ría de Arousa
03/12/2024
Onte comezou unha das campañas máis esperadas para o sector pesqueiro da Ría de Arousa: a apertura da campaña da vieira (Pectem maximus), na que participan as confrarías de Cambados e Rianxo.
Os profesionais do sector traballan con dedicación e experiencia para ofrecernos este produto único, recoñecido pola súa calidade excepcional e sabor inconfundible. Porto de Cambados, S.L. e Artesa Rías Baixas S.L. son as empresas que se encargarán do procesado e comercialización, ámbalas dúas certificadas pola marca pescadeRías de onde se non?