Apertura de campañas
01/04/2025
O 1 de abril iniciouse a campaña de extracción da lagosta (Palinurus elephas) que se prolongará ata o 30 de setembro.
Por outra banda, autorizáronse os Plans de pesca de anguía (Anguilla anguilla) para as confrarías de pescadores da ría de Vigo e da ría de Arousa para a tempada 2025 mediante Resolucións da Consellería de Mar do 26 de marzo. Unicamente poderán participar nos plans as embarcacións que teñan no seu permiso de explotación autorizada a arte de nasa voitirón ou a de nasa para anguía. O período autorizado será desde o 1 de abril ata o 30 de setembro de 2025. Ningunha embarcación poderá empregar máis de 80 nasas de anguía ou nasas de voitirón ao día, independentemente da zona de pesca.