Apertura de campañas

PescadeRias

O 2 de novembro abriu a campaña da volandeira na Ría de Arousa. As ventas deste bivalvo concéntranse na súa maior parte na lonxa de Cambados, aínda que tamén hai descargas nas lonxas de Rianxo e Ribeira.

A campaña da centola iníciase o día 6 de novembro dende a desembocadura do río Miño ata o cabo Estaca de Bares. Na Mariña lucense a campaña da centola empezará o 28 de novembro. A campaña do boi iníciase tamén o 6 de novembro en Galicia.

Podes consultar o plan de xestión da centola e o boi aquí.