FacebookTwitter

common dentex

common dentex

A súa características máis destacada é a cabeza , grande e con fortes queixadas, con catro dentes cada unha, caninos e curvos. O fouciño é alongado e os ollos pequenos. A cor é agrisada nos máis novos, e gris azulada nos adultos. No lombo e os costados ten unhas manchas azul verdosas que desaparecen cando morre. As aletas pélvicas son alaranxadas.

Habita en fondos rochosos entre os 10 e os 50 metros. É unha especie moi valorada que, cando chega a costa na primavera, captúrase normalmente con miño ou volanta.

Na gastronomía é similar aos seus parentes espáridos: ao forno rodeado duns aros de cebola e aceite, fritido con coidado para que non rompa, á grella compartindo protagonismo con outros, ou tamén ao sal como a dourada.

Details of species

  • FAO code: DEC
  • Scientific name:Dentex dentex
  • Galician name: Dentón
  • Spanish name: Dentón o dentón europeo
  • Biological group: Peixes
common dentex
  • Minimum size:
  • Measurement Method: O tamaño medirase desde a punta da cabeza ata o extremo da aleta caudal