San Sebastián Gastronómika 2013
26/10/2013
Boa acollida de pescadeRías en San Sebastián Gastronómika nas catas que, baixo o título "Terra e mar. Sabores con acento galego" mostraban produtos galegos de gran calidade. Javier Rodríguez Ponte (Taky), Xefe de cociña de Catering Boketé da Coruña e membro do Grupo Nove, fixo as delicias dos asistentes ás degustacións cos seus pratos de polbo e vieira pescadeRías.
Presentámosvos aquí o menú degustación, que espertou o interese dos grandes cociñeiros nos nosos produtos... seguro que entenderedes porqué!
As receitas de vieiras e polbo están dispoñibles na nosa web, por cortesía de Taky.