A receita do mes: pastel de escacho
10/02/2026
Ricardo Fernández, cociñeiro e profesor dos ciclos de formación profesional de cociña no CIFP Carlos Oroza de Pontevedra, propón unha receita de pastel de escacho sinxela, saborosa e moi agradecida na cociña do día a día.
Trátase dunha elaboración versátil, que admite variacións segundo o peixe dispoñible e permite adaptarse facilmente ao que marca a tempada e a lonxa. O resultado é un prato equilibrado, de textura suave e sabor limpo, no que o produto do mar é o verdadeiro protagonista. Un bo peixe, unha salsa de tomate caseira e unha elaboración coidada fan deste pastel unha opción perfecta tanto para menús familiares como para restauración colectiva.
Podes ver aquí a receita completa.