Mañá comeza a campaña do ourizo na provincia de Pontevedra

pescadeRias

A partir de mañá 1 de outubro, o ourizo (Paracentrotus lividus) fresco volverá a estar presente no mercado, pois está previsto que comece a explotación nalgunhas confrarías da provincia de Pontevedra que teñen plan de xestión deste recurso.

As lonxas certificadas pola marca pescadeRías de onde se non? para a comercialización en primeira venda de equinodermos na provincia de Pontevedra son A Guarda, Aldán-Hío, Baiona, Portonovo, Bueu, Cangas e Canido-Vigo