Inicio da veda do polbo

PescadeRias

O vindeiro 20 de maio comezará a veda do polbo en Galicia que durará ata o día 4 de xullo, tal e como se establece na RESOLUCIÓN do 29 de abril de 2022 pola que se aproba o Plan experimental para a xestión do polbo (Octopus vulgaris) con nasa para a campaña 2022-2023.

Máis do 90% do polbo comercializado nas lonxas galegas leva na súa etiqueta de primeira venda o selo pescadeRías, ¿de onde se non?. Tamén podémolo atopar baixo este distintivo conxelado, cocido e pasteurizado ou en conserva. Premendo aquí podes consultar o listado de entidades certificadas para esta especie.