Fin da veda do polbo, nécora e lumbrigante
03/07/2023
O 3 de xullo comezou en Galicia a campaña extractiva do polbo e prolongarase ata a data de inicio da veda do ano 2024. Así o especifica a resolución do plan experimental para a xestión desta especie con nasa durante a campaña 2023/2024.
Na mesma data, o lumbrigante e a nécora volveron a comercializarse nas lonxas galegas tras o fin da súa veda. A extracción do lumbrigante prolongarase ata o 31 de decembro deste ano e a da nécora ata o 5 de xaneiro de 2024.