Comeza a campaña do boliche
02/07/2025
Acaba de abrir a campaña do boliche nas rías galegas, unha arte tradicional empregada para a pesca da lura (Loligo vulgaris) e outras especies acompañantes. Esta actividade prolongarase ata o 31 de outubro, ofrecendo un produto fresco de proximidade e con garantías de trazabilidade e calidade.