Comeza a campaña da centola e do boi en Galicia
10/11/2026
Hoxe comeza a campaña da centola (Maja brachydactyla) e do boi (Cancer pagurus). A captura do boi está permitida en toda a comunidade, mentres que a da centola se abre nas zonas A e B, desde o río Miño ata Estaca de Bares.
Na zona C, entre Estaca de Bares e o río Eo, a captura da centola terá lugar a partir do 30 de novembro.
A cota diaria máxima é de 35 kg por embarcación, máis 35 kg adicionais por cada tripulante enrolado.