Boi de mar

pescadeRias

O boi (Cancer pagurus) procedente da pesca artesanal galega é un dos crustáceos que se incorporou este mes aos mercados.

Ademais de ser unha excelente opción gastronómica, tamén é un produto saudable de alto contido proteico e moderado contido en graxas, sendo os ácidos graxos poliinsaturados os máis elevados do seu perfil lipídico.

O aporte de colesterol, 59 mg/100 g de porción comestible, non é dos máis elevados entre os crustáceos (no langostino, gamba e carabinero ascende a 152 mg/g de porción comestible)