Ostra

A ostra é un molusco bivalvo que ten, na parte exterior da súa dura cuncha, unha superficie escamuda. A súa cor habitual sitúase entre branca, marrón ou púrpura. Como detalle significativo, hai que dicir que ao longo da súa vida posúe sexo masculino e feminino de xeito alterno.
A súa extracción ven regulada normalmente nos plans de marisqueo a pé para os individuos aos que se pode acceder deste xeito, e nos plans de marisqueo a flote, nos que se contempla a súa extracción con raños. Tamén pode ser capturada con rastro de volandeira ou vieira para a captura de ostra.
A ostra é un manxar moi apreciado que se degusta case sempre en cru, engadíndolle limón a quen lle guste, ou ben totalmente ao natural. Outra forma máis innovadora consiste en escabechalas (aínda que isto xa se facía na idade media). Outra forma de preparalas é rebozalas en fariña e fritilas, ou ben en bechamel con mollos varios.
Datos da especie
- Código FAO: OYF
- Nome científico:Ostrea edulis
- Nome galego: Ostra
- Nome castelán: Ostra
- Grupo biolóxico: Bivalvos

- Tamaño mínimo: 60 mm
- Forma de medición: O tamaño medirase medindo o eixe dorsoventral para a ostra e a ostra rizada
Onde atopalos
- Confraría de Pescadores "San Antonio" de Cambados
- Confraría de Pescadores "San Bartolomé" de Noia (Testal)
- Confraría de Pescadores "San Martiño" de Bueu
- Confraría de Pescadores "Santiago Apóstol" de Barallobre
- Confraría de Pescadores "Virgen del Carmen" de Pontedeume
- Confraría de Pescadores "Virxe do Carmen" de Rianxo
- Confraría de Pescadores de Mugardos
- Confraría de Pescadores e mariscadores de Ferrol
- Lonxa de Campelo, A.I.E.
- Lonxa de Ribeira, S.L.