Detalle producto

FacebookTwitter

Percebe

Percebe
<p>A parte comestible do percebe ten unha pel moura e dura que remata nunha uña (cuberta de pequenas escamas) formada por varias pezas. O pedúnculo carnoso ou pé é o que lle permite adherirse ás rochas, onde vive, en zonas moi batidas. Forma grupos ou piñas. O percebe galego é máis groso e escuro ca o que vén de Marrocos e a uña é máis aguzada e avermellada e con menos placas ca o canadense.</p> <p>A súa captura está regulada mediante plans de explotación específicos para esta especie aprobados anualmente. Pode collerse a pé ou dende embarcación. Para separalo das rochas utilízase unha rasqueta ou raspa. Dispoñible todo o ano.</p> <p>Non hai moitas voltas que lle dar: cocidos, a ser posible en auga de mar, cunha folla de loureiro. Un pano enriba da fonte onde se sirvan axudará a mantelos á temperatura axeitada e a evitar a perda de humidade. Probe a ferver unhas patacas do país na auga onde os coceu e verá que sabor.</p>

Datos da especie

  • PCB
  • Nome científico: Pollicipes pollicipes
  • Nome galego: Percebe
  • Nome castelán: Percebe
  • Grupo biolóxico: Crustáceos
Receitas de Percebe
1,5 cm

Tamaño mínimo: 1,5 cm

O tamaño do percebe medirase polo diámetro maior da base do capítulo, á altura das placas inferiores (desde a base do rostro ata a base da carena). Cando se presente formando piñas, polo menos o 60% do peso da piña deberá estar constituído por exemplares que acaden o tamaño mínimo

Onde atopalo

Lonxas e centros de primeira venta autorizados

  • Centros de depuración / expedición e cetáreas

  • Distribuidor de produtos da pesca e marisqueo

  • Empresas de transformación