Detalle producto

FacebookTwitter

Cadelucha

Cadelucha
<p>Cadelucha no sur, navalliña no Cantábrico e coquina noutras rías, este pequeno molusco ten unha cuncha de textura moi suave, chea de costelas de tons máis claros que a súa cor, polo xeral tostada verdosa. O interior da cadelucha é violácea, aínda que ás veces é abrancazada ou alaranxada.</p> <p>Vive en areais abertos de area limpa e augas renovadas. </p> <p>A súas poboacións diminuíron moito nos últimos anos e hoxe en día practicamente só se captura en Cedeira. A súa extracción faise a pé, con fouciños para remover a área. </p> <p>Unha pequena exquisitez. Se ten ocasión, degústea en cru, xa que detrás do seu tamaño agocha un sabor pleno de matices. Pode tratalas tamén coma as ameixas; seguirá descubrindo o seu magnífico sabor.</p>

Datos da especie

  • DXL
  • Nome científico: Donax trunculus
  • Nome galego: Cadelucha
  • Nome castelán: Coquina
  • Grupo biolóxico: Bivalvos
Receitas de Cadelucha
35 mm

Tamaño mínimo: 35 mm

O tamaño medirase medindo o eixe maior ou anteroposterior

Onde atopalo

Lonxas e centros de primeira venta autorizados

  • Centros de depuración / expedición e cetáreas