Detalle producto
Percebe
<p>A parte comestible do percebe ten unha pel moura e dura que remata nunha uña (cuberta de pequenas escamas) formada por varias pezas. O pedúnculo carnoso ou pé é o que lle permite adherirse ás rochas, onde vive, en zonas moi batidas. Forma grupos ou piñas. O percebe galego é máis groso e escuro ca o que vén de Marrocos e a uña é máis aguzada e avermellada e con menos placas ca o canadense.</p>
<p>A súa captura está regulada mediante plans de explotación específicos para esta especie aprobados anualmente. Pode collerse a pé ou dende embarcación. Para separalo das rochas utilízase unha rasqueta ou raspa. Dispoñible todo o ano.</p>
<p>Non hai moitas voltas que lle dar: cocidos, a ser posible en auga de mar, cunha folla de loureiro. Un pano enriba da fonte onde se sirvan axudará a mantelos á temperatura axeitada e a evitar a perda de humidade. Probe a ferver unhas patacas do país na auga onde os coceu e verá que sabor.</p>
Datos da especie
- PCB
- Nome científico: Pollicipes pollicipes
- Nome galego: Percebe
- Nome castelán: Percebe
- Grupo biolóxico: Crustáceos
Tamaño mínimo: 1,5 cm
O tamaño do percebe medirase polo diámetro maior da base do capítulo, á altura das placas inferiores (desde a base do rostro ata a base da carena). Cando se presente formando piñas, polo menos o 60% do peso da piña deberá estar constituído por exemplares que acaden o tamaño mínimoOnde atopalo
Lonxas e centros de primeira venta autorizados
- Lonxa de Baiona
- Lonxa de Fisterra
- Lonxa de Cambados
- Cofradía de Pescadores de Vigo
- Lonxa de Cangas
- Lonxa de Bueu
- Lonxa de Porto do Son
- Lonxa de Corcubión
- Lonxa de Aguiño
- Lonxa de Cedeira
- Lonxa de Lira
- Lonxa de Muros
- Lonxa de Portonovo
- Lonxa de Ferrol
- Lonxa de A Guarda
- Lonxa de Canido
- Lonxa de Malpica
- Lonxa de Ribeira
- Lonxa de A Illa de Arousa