XVIII Salón de Alimentación del Atlántico (Salimat)
06/07/2014

Dentro do programa de actividades da Semana Verde de Silleda, destaca esta edición deSalimat, con gran presenza de produtos do mar e da terra de calidade diferenciada. Durante a feira, do 12 ao 15 de xuño, nas catro xornadas ofrecéronse ao público catas comentadas, algunhas con títulos como "pescadeRías: O MELLOR DA NOSA PESCA ARTESANAL", "pescadeRías: EU CONFÍO", ou "pescadeRías: DE PROXIMIDADE CON SELO PROPIO". O público asistente puido degustar, entre outras, diversas preparacións con produtos certificados, da man da chef Emma Pinal, do Gastrobar "O Birrán" (Ribadavia):
- Xarda pescadeRías de produción ecolóxica con fritada e parmentier de Pataca de Galicia e queixo da D.O.P. Arzúa - Ulloa de produción ecolóxica.
- Ceviche de polbo e robaliza pescadeRías con Pementos de Herbón.
- Vieira pescadeRías con escuma de Pataca de Galicia e porro.
- Terrina de ameixas pescadeRías con Grelos e Pataca de Galicia.
- Xarda pescadeRías marinada con ensalada de verduras de tempada de produción ecolóxica.
- Xarda pescadeRías ecolóxica sobre blinis de Pan de Cea e ensalada de algas de produción ecolóxica.
- Carpaccio de rape pescadeRías con xeado de mostaza antiga.
- Vieira pescadeRías asada emulsionada no seu propio coral.