XVII Salón de Alimentación do Atlántico - SALIMAT

XVII Salón de Alimentación del Atlántico - SALIMAT

Silleda, 13 ao 16 de xuño 2013. Un ano máis a Consellería do Medio Rural e do Mar estivo no XVII Salón de Alimentación do Atlántico, do 13 ao 16 de xuño, con dous stands nos que acolleu a 14 empresas do sector e unha sala de catas con capacidade para 24 persoas na que se realizaron degustacións de produtos do mar e da terra, especialmente de alimentos de calidade diferenciada, produtos ecolóxicos e marcas de calidade como pescadeRías.

O chef Jorge Murillo preparou un amplo repertorio de degustacións entre as que destacamos vieiras de Cambados, comercializadas pola empresa Porto de Cambados, e outra de delicias de percebe da empresa Mar de Silleiro, ambas as dúas amparadas baixo a marca pescadeRías.