XVI Festa do Polbo de Bueu

XVI Festa do Polbo de Bueu

Do 14 ao 16 de agosto, Bueu celebra a súa XVI Festa do Polbo.

Para J. M. Rosas, Patrón Maior da Confraría de Pescadores de Bueu, o segredo do seu delicado sabor é a alimentación que ten nesas augas.

O Patrón Maior contounos que nesa confraría hai unhas 70 embarcacións dedicadas á pesca artesanal deste cefalópodo. Os primeiros barcos saen a partir das 6 da mañá, ata unhas 4-6 millas da costa, e regresan, non máis tarde das catro da tarde, coas capturas do día que poxan pouco despois na lonja.

A lonxa de Bueu conta coa certificación "pescadeRías, de onde se non?", obtida tras un proceso de auditoría realizado por Bureau Veritas, e que garante a orixe, a calidade, a frescura e o uso de artes de pesca sostenibles da flota artesanal.

Con motivo da celebración desta festa, "pescadeRías, ¿de onde se non?", en colaboración co Concello de Bueu, realizará un taller sobre captúra artesanal e sustentable do pulbo, o a súa comercialización e preparación.