Xornadas Gastronómicas de exaltación da zamburiña, en Cambados

Cartel zamburiña

Asociación de hostaleiros Zona Centro de Cambados organiza as 2ª Xornadas de Exaltación da Zamburiña. Este delicioso molusco será o protagonista das xornadas que se celebrarán entre o 23 de novembro e o 8 de decembro en Cambados (Pontevedra).

Durante eses días, 14 establecementos desta localidade ofrecerán a posibilidade de degustar este marisco en diferentes preparacións. As porcións, a un prezo único de 5 € e de 12 € se se acompaña dunha botella de 
albariño, serán elaboradas con produto certificado pescadeRías, e depurado en Mariscos Malliño.

Os clientes terán oportunidade de dar o seu voto ás diferentes preparacións, entrando así no sorteo dun lote de produtos.

Colaboran na iniciativa Porto de Cambados e Adegas Pazo de Vilarei que proporcionan a zamburiña e o albariño, respectivamente.