Xornadas de exaltación da vieira

Xornadas de exaltación da vieira

Do 18 ao 20 de xullo celebrouse a "XIII Exaltación dá Vieira", no paseo da Calzada, de Cambados. A protagonista do evento foi a vieira certificada pescadeRías de Porto de Cambados. Púidose degustar nas variantes tradicionais, como ao forno ou en empanada, pero tamén en receitas máis innovadoras: guiso mariñeiro, arroz seco con vieiras e verduras, en ensalada, ou gratinadas con queixo de Arzúa-Ulloa. Os responsables da elaboración foron os cociñeiros dos restaurantes Ribadomar, A Taberna do Trasno e Pandemonium.