Xornada de Produtos con DOP e IXP do CIFP Carlos Oroza

pescadeRias

Os produtos da pesca artesanal galega certificados pola marca pescadeRías de onde se non? tiveron un papel destacado na Xornada de Produtos con DOP e IXP, organizada polo CIFP Carlos Oroza de Pontevedra o pasado venres 24 de xaneiro.

Os futuros profesionais da cociña tiveron a oportunidade de comprobar as bondades dos produtos do mar galego: polbo, vieiras, volandeiras e navallas foron os grandes protagonistas das elaboracións de mar, demostrando unha vez máis a súa excelencia, frescura e calidade. 

Non perdas detalle deste evento que une tradición, gastronomía e o compromiso coa sustentabilidade. Podes ver o vídeo aquí.