XIV Xornadas de Exaltación da Vieira

Cartel Vieira

Durante tres días, 17, 18 e 19 de xullo, Cambados renderá unha merecida homenaxe a un dos seus produtos estrela: a vieira. A inauguración será o venres ó mediodía no Paseo da Calzada. Este ano, a festa contará coa colaboración de dous cociñeiros estrela Michelín e membros do grupo Nove: Rafa Centeno (http://www.marujalimon.es/) e Yayo Daporta (http://yayodaporta.com/). Este último ofrecerá o sábado ás 19.00h. un taller que, baixo o título "pescadeRías ¿de onde se non? A pesca artesanal e sostible de Cambados”, terá como eixo central os produtos comercializados pola Lonxa de Cambados.
Os asistentes, aparte de saborear o delicioso molusco, poderán participar nas rutas polos bancos marisqueiros organizadas por Guimatur.