Volven as actividades de pescadeRías de onde se non? ás prazas de abastos
11/10/2024
A partir do 16 de outubro, retomamos as accións promocionais de pescadeRías de onde se non? nas prazas de abastos, no marco da campaña Galicia sabe Amar.
Os obxectivos das actividades son os seguintes:
- Dar a coñecer os produtos da pesca artesanal galega.
- Fomentar o consumo dos produtos da pesca artesanal.
- Poñer en valor os beneficios dos produtos do mar na saúde.
- Dar a coñecer especies menos coñecidas co fin de diversificar o consumo de produtos do mar.
- Amosar o proceso de comercialización dos produtos do mar.
- Visibilizar a importancia da trazabilidade nos produtos do mar.
- Coñecer diferentes preparacións dos produtos de mar de tempada.
- Poñer en valor os oficios do mar.
As actividades inclúen:
- Visita guiada á praza de abastos.
- Información sobre etiquetado, trazabilidade e seguridade alimentaria.
- Obradoiro práctico de identificación de especies ou tallas mínimas.
- Demostración de cociña con información sobre aspectos nutricionais, corte e fileteado, puntos de cocción e consellos prácticos para a elaboración.
- Cata de produtos.
Contarase coa experiencia e visión dos profesionais do comercio minorista que informarán sobre as especies que comercializan e a limpeza, manipulación e presentación dos produtos.
Comezamos o 16 de outubro na Praza de Abastos de A Estrada.
As seguintes paradas serán o Mercado da Magdalena de Ferrol, o 22 de outubro e a Praza de Abastos de Lugo o 23 de outubro
Podes consultar o programa de actividades:
- 16 de outubro. Praza de Abastos de A Estrada. Programa aquí.
- 22 de outubro. Mercado da Magdalena de Ferrol. Programa aquí.
- 23 de outubro. Praza de Abastos de Lugo. Programa aquí.
As actividades son gratuítas. Inscríbete!
pescadeRiasdeondesenon.cmrm@xunta.gal
Tel. 986 02 08 99
Segue as nosas redes sociais para coñecer as vindeiras datas e lugares das actividades.