Volve a zamburiña galega aos mercados
15/06/2026
Hoxe comeza a campaña de extracción da zamburiña na ría de Ferrol. Participarán trece embarcacións autorizadas —oito da Confraría de Ferrol, tres de Barallobre e dúas de Mugardos— que realizarán a extracción mediante a arte de rastro de vieira. Ademais, estableceuse un cupo máximo de 10 quilos por tripulante e xornada.
As tres confrarías están certificadas pola marca pescadeRías de onde se non? para a primeira venda de moluscos bivalvos.