Visita formativa á Praza de Abastos de Pontevedra e a O Percebeiro S.L.

pescaDerias

O pasado venres acompañamos ao alumnado do Obradoiro de Emprego de Hostalaría Cualifica II do Concello do Porriño nunha visita formativa á Plaza de Abastos de Pontevedra e á empresa certificada O Percebeiro S.L.

Tivemos oportunidade de ver nos puntos de venda os distintos produtos da pesca artesanal galega, o contido das etiquetas de peixes e mariscos e identificar as características de frescura dos produtos do mar. Tamén houbo ocasión de diferenciar moluscos similares, como o longueirón e a navalla, e ver as instalacións de depuración, cetárea e expedición de O Percebeiro S.L.

Agradecemos a súa colaboración tanto aos praceiros e praceiras de Pontevedra, como á xerencia e persoal de O Percebeiro S.L.